As
militantes de Isca! acreditamos na (auto)formación como unha das
ferramentas precisas para loitarmos contra o modelo de vida e de
relacións que nos impón o sistema, mellorando a nosa capacidade de
acción política e militante para así transformar a realidade que
nos tocou vivir. Acreditamos en que aprender sempre é a mellor
maneira de avanzarmos, construindo alternativas aos poderes que nos
queren ignorantes e sumisas.
Desta
volta organizamos unha xornada de auto-formación baixo o
título “identidadesLGTBIQ+ e acción política. Xénero, clase e sexodiversidade“.
Acompáñanos para pór en común diversos coñecementos, vivencias e
ópticas.
- Como seguir abordando a axenda LGTBIQ+ desde a autoorganización da mocidade? Que retos hai sobre a mesa para o activismo LGTBIQ galego?
Cremos
na necesidade de partillar preguntas e experiencias e dar pé á
reflexión e ao debate polo que vos convidamos a asistir a esta
xornada que terá lugar en Ourense,
no local do BNG (rúa das Burgas, nº2) o sábado 13 de febreiro ás
17:00 horas
Ningún comentario:
Publicar un comentario