sábado, 19 de setembro de 2015

Palestra 'Agrosexualidades: a diversidade afectivo-sexual nos entornos rurais'

O vindeiro venres 16 de outubro impartirei unha palestra ás 19.30h no local social da Asociación Cultural A Galleira sobre as cuestións afectivos, sexuais e amatorias no ámbito rural. 

Falarase sobre cales son os mitos e prexuízos que se espallan dende a publicidade e o canon heteropatriarcal; cómo se manifestan certos estigmas que se manteñen dende determinadas ópticas LGTB urbanitas; e de que xeito se poden artellar alianzas de emancipación colectiva, comunitaria e sobre todo, en clave LGTBIQ.

Soberanía, alianzas e proxectos identitarios daranse a mau nesta palestra que pretende pór acento na necesidade do encontro, a reformulación e a creación de novas propostas emancipatorias pra tódolos corpos, sexualidades, afectividades, amatorias...

Ningún comentario:

Publicar un comentario