xoves, 6 de agosto de 2015

Obradoiro-Asemblea Aberta dentro do II Festival AGROGAY da Ulloa


Dentro do II Festival AGROGAY da Ulloa terá lugar un obradoiro-asemblea aberta centrado na necesidade de partillar inquedanzas, expectativas e cosmovisións propias en torno a construción de aldeas e parroquias antipatriarcais e libres de LGTBfobia. 

Como poderíamos construír de xeito colaborativo a nosa axenda rural baixo unha óptica LGBT? Como abordamos dende o rural a realidade da diáspora, as persoas retornadas e as xentes que teñen vontade de voltar mais aínda non iniciaron ese proceso? É a axenda LGBT urbanita e allea á realidade dos pequenos núcleos?

Neste sentido plantéxase a necesidade de pór en práctica iste encontro vivencial, identitario e interxeracional. Un obradoiro-asemblea aberta centrado en construir e reconstruir; habitar e propiciar. Sermos LGTBIQ sen deixar  de ser rurais; pensar no rural sen desexualizármonos. Porque a diaspora afectivo-sexual non ten que ser a única opción, é máis, non debe ser unha opción imposta. Sermos visíbeis no rural pra evitar o desarraigo e a sen razón do exilio sexual.



Sen dúbida moitos interrogantes e diversos enfoques. Achégate ao obradoiro-asemblea aberta e fagamos entre todas e todos unha Axenda LGTBIQ prao rural. Non esquezas que nas nosas maus está a oportunidade e o reto de sentar os alicerces nos entornos rurais. ¿Utopía? ¿Imposíbel?


FANZINE DO FESTIVAL



Ningún comentario:

Publicar un comentario