mércores, 12 de agosto de 2015

#DiásporasRurais

Cando falamos de diásporas afectivo-sexuais non sempre nos estamos a referir a 'desprazamentos e dispersións físicas' propiciadas pola existencia de LGTBfobia. Moita xente experimenta un exilio interno, non tanto un exilio externo. Hai múltiples realidades complexas e identidades fragmentadas a medio camiño entre o rural e o urbano. Pode haber mocidade LGTBI residente no rural que só é visíbel en entornos urbanos ao chegar o fin de semana; maiores LGTBI que viven dobles vidas; persoas LGTBI visíbeis no rural desarraigad*s por múliples motivos noutos eidos identitarios.

O sociólogo portorriqueño Manolo Guzmán aló polo ano 1997 acuñou o termo 'sexilio' pra referirse a: "o exilio de quenes tiveron que irse dos seus países de orixe por causa da súa orientación sexual". Pero claro, ¿isto quere decir que toda a xente que sufre LGTBfobia abandona o seu hábitat? ¿Tódalas persoas LGTBI que vivencian situacións LGTBfóbicas no rural experimentan exilios externos? Non. Todo o contrario. As veces o arraigo familiar ou cultural pesa moito, outras veces a resiliencia identitaria xenera estratexias excepcionais de resistencia LGTBIQ. Depende. O rural é moi diverso, e as persoas LGTBI que teñen vinculación con il tamén. Xeralmente -como se comentou antes- danse diversas situacións de 'exilio interno' (máis alá do proceso común de armarización). Procesos de introspección de diversa índole que están invisibilizados nos medios de comunicación e, moitas veces, pola axenda socio-política do movemento LGTBIQ que en ocasións é demasiado urbanita.

Ningún comentario:

Publicar un comentario