venres, 3 de xullo de 2015

Obradoiro 'Prevención da LGTBfobia no ámbito escolar: coeducando vila a vila"

O vindeiro martes 14 de xullo dinamizarei un Obradoiro sobre a prevención do bullying LGTBfóbico na Casa da Cultura do Concello de Barbadás. Será de 19h á 22h. Esta actividade está diseñada como obradoiro-videofórum e orientado principalmente pra mocidade da vila, profesorado, expertas/os en educación, dinamizadoras/es locais e xestoras/es públicos. Mais, obviamente, é unha iniciativa sociopedagóxica que está aberta a participación de toda aquela veciñanza que teña interese en profundizar na realidade afectivo-sexual e abordar de maneira grupal e colaborativa diversas problemáticas xeradas en torno ao fenómeno escolar do 'bullying LGTBfóbico'.

Os obxectivos diste Obradoiro son os seguintes:

  • Entender as diferencias entre orientación sexual, identidade de xénero, diversidade amatoria e expresións de xénero.
  • Traballar en grupos en torno as barreiras e situacións que vivencian a mocidade LGTBI nos entornos escolares (faguendo fincapé na realidade rural).
  • Comprender o significado da palabra cisexismo e ligalo ao de plumofobia. ¿Qué pasa coas masculinidades hexemónicas? ¿Qué significado teñen as novas masculinidades neste novo esceario?
  • Fomentar actitudes empáticas e de apoio mutuo perante a proliferación de situacións de discriminación por motivos de orientación sexual ou identidade de xénero.
  • Analizar como a LGTBfobia limita a resiliencia, precariza procesos vitais e fomenta actitudes suicidas entre a mocidade LGTBI.
  • Abordar o proceso e factores resilientes, o rol da autoestima na construcción do autoconcepto e cuestións relativas a victimización, vulnerabilización, etc.

A entrada é de balde.


Ningún comentario:

Publicar un comentario