xoves, 29 de xuño de 2017

Palestra sobre agrosexualidades en Carral



"Que é iso das agrosexualidades? Son as cidades o paraíso LGTBI e o rural un espazo hostil e de represión sexual? Existe un movemento LGTBI no rural? Que aporta incluir a perspectiva LGTBI no enfoque das neorruralidades? De todo isto e moito máis debatiremos neste faladoiro co obxectivo de rachar co relato monolítico existente sobre o rural. Un sinfín de estereotipos e prexuízos que acrecentan a ruralfobia e a desconexión entre movementos sociais diferentes que arelamos un rural vivo, diverso e con futuro".

Non faltedes!

Máis información nas redes sociais da AEC Lacrar


martes, 6 de xuño de 2017

O Sindicato Labrego Galego lanza o seu I Foro LGTBI

O vindeiro sábado 17 de xuño o Sindicato Labrego Galego organiza na Casa da Aldea de Curiscada (Arzúa) o I Foro LGTBI para formármonos, coñecérmonos e debatir sobre a situación actual da diversidade afectivo-sexual e a comunidade LGTBI nos entornos rurais, as organizacións campesiñas e o activismo labrego, agroecolóxico, etc. Neste sentido o pasado luns día 12 presentouse a xornada en rolda de prensa no local nacional do sindicato.

Durante todo o día partillaremos un espazo de encontro para profundizar nos seguintes obxectivos:
  • Socializar a idea de que o rural é diverso xa que no rural sempre houbo diversidade afectivo-sexual.
  • Visibilizar as posibilidades e potencialidades que ten o rural para xerar alianzas e espazos de creación colectiva. Que é iso da agrosexualidade? Por qué é precisa unha axenda agrosexual?
  • Desurbanizar a axenda LGTBI e deconstruir a ruralfobia latente dentro e fora do movemento LGTBI. Hai diversidade máis alá das cidades.
  • Tecer alianzas estratéxicas entre sindicatos agrarios, colectivos LGTBI e organizacións campesiñas, activistas neorrurais, etc. Por un movemento campesiño sexodisidente e non heteronormativo.
  • Achegar a agroecoloxía, o movemento labrego e o ecoloxismo á axenda LGTBI. Afondar na construción dun movemento sexodiverso vinculado ao medioambiente.




Para incribirse neste I Foro LGTBI é preciso cubrir o seguinte formulario. Ademais, para calquera dúbida ou aclaración pódese consultar ao correo rural.lgtbi@gmail.com ou ao teléfono do local nacional do SLG 981-554-147   

mércores, 10 de maio de 2017

Programa SoS #3 Desmontando o Amor Romántico



"Es terceiro programa de Soa o Silencio quere desmontar os mitos do amor romántico e unímonos ao reto de desaprender xuntas, de darlle a volta aos conceptos e ás emocións impostas polo heteropatriarcado e o capitalismo. Entender que o amor é un asunto social e tamén político que se debe abordar en conxunto. Despatriarcalizar o amor e deconstruír os mitos require un esforzo colectivo para poder termos relacións non baseadas na dependencia e no interese, un traballo para poder construír xuntas unha sociedade máis igualitaria e poder disfrutar do amor".

Podes escoitar o programa completo na web de Radio Liverdade